xoves, 3 de decembro de 2020
Exame do 1° trimestre das materias pendentes
Data: o día 10 de decembro, xoves.
Aula: Laboratorio
Hora: 11:15h.
martes, 22 de setembro de 2020
PARA ESTAR INFORMADO...
MUY INTERESANTE: http://www.muyinteresante.es/tag/biologia
NOTICIAS DE CIENCIA: http://noticiasdelaciencia.com/sec/ciencia/biologia/
NASA: http://www.lanasa.net/
SINC: http://www.agenciasinc.es/
luns, 21 de setembro de 2020
NORMAS BÁSICAS NA AULA DE CIENCIAS
Criterios de cualificación
Instrumentos de avaliación
|
Valoración
|
Actitude na aula:
1.- Interese polo traballo.
Participación activa na clase.
|
20%
|
Traballo
diario do alumno:
1.-Entrega
de traballos obrigatorios e/ou voluntarios, individuais ou en grupo, nos
prazos indicados polo profesor.
2.- Preguntas
efectuadas polo profesor no transcurso habitual da clase, destinadas a
comprobar a correcta adquisición das competencias clave traballadas.
3.- Análise das tarefas
diarias: exercicios de comprensión e expresión escrita, exercicios de
análise, comentarios, elaboración de apuntamentos, esquemas, resumos, mapas
conceptuais, ....
4.-Traballo e participación no laboratorio.
5.- Caderno de aula.
|
|
Probas de avaliación:
1.- Probas de avaliación de contidos.
2.- Evidencias
dos estándares de aprendizaxe.
|
80%
|
- A nota da avaliación farase do seguinte xeito:
o Calcularase o 80% da nota media aritmética das probas escritas coa seguinte salvedade, o alumnado debe acadar unha nota mínima de 3 en cada proba; se non fose así, non aprobaría a avaliación correspondente, aínda que a nota media lle dese aprobada, nese caso a cualificación no boletín de notas será 4.
o A cualificación obtida da operación aritmética indicada será redondeada a un valor enteiro inmediatamente superior, cando o valor
decimal sexa maior ou igual que 0,5.
o O 20% restante obterase a partir do traballo diario do
alumno e da actitude na aula. Deste, o 75% corresponderá as tarefas diarias e
traballos obrigatorios, e o 25% a actitude.
o Tanto os traballo obrigatorios como os exercicios que
teñan unha data de entrega, de non se presentar nese día serán cualificados cun
0.
o Toda lectura opcional poderá incrementar a nota da
avaliación un máximo de 0,5. (Ver Fomento
da lectura).
o Só se superará a avaliación cando a nota media sexa igual ou superior a 5.
o O alumnado que sexa avaliado negativamente nunha das avaliacións terá dereito a unha proba de recuperación ao remate de cada avaliación. As probas deste tipo que fosen precisas faranse con posterioridade ás datas de avaliación trimestral, computando o seu resultado para o cálculo da nota da avaliación final ordinaria de xuño. A nota obtida nunha recuperación, anula e substitúe as notas das probas anteriores non superadas ás que corresponde dita recuperación.
- A cualificación final da materia será a media aritmética de todas as notas ordinarias ou de recuperación, efectuadas durante o curso. O resultado desta nota redondearase segundo os criterios expostos anteriormente, e será a cualificación do curso. Se a nota de avaliación final é igual ou superior a 5, a materia queda superada. En caso contrario, o alumno terá que realizar unha proba extraordinaria en setembro, na data que dispoña o centro.
- Exames extraordinarios de setembro: o procedemento de avaliación será unha proba escrita (cualificarase de 0 a 10 puntos), sobre os contidos mínimos non superados no proceso ordinario e a mesma para todo o alumnado. Suspenderase se non se saca como mínimo un 5. O resultado desta proba redondearase segundo os criterios expostos anteriormente, e será a cualificación do curso.
- Toda proba escrita ou traballo poderá suspenderse (cunha cualificación de 0), se hai constancia de que o/a alumno/a copiou, permitiu que outros/as copiasen o seu traballo ou proba ou participou en calquera actividade ou estratexia para mellorar os resultados mediante procedementos deshonestos. O profesor/a tamén se reserva o dereito de rexeitar unha proba que presenta unha caligrafía ilexible, quedando neste caso ó seu criterio a repetición da proba ou a realización dunha proba oral.
- Non se admitirá nada escrito a lapis ou en cor distinta do negro ou azul, agás baixo indicación do profesorado. Non está permitido o uso de líquidos correctores nos exames escritos.
- Agás alumnado exento de galego, é obrigatorio o emprego
da lingua galega en todos os traballos, probas ou tarefas que presente o
alumnado, polo que o/a profesor/a tamén se reserva o dereito de os rexeitar,
cualificándoos nese caso cun 0.
- A falta de
corrección léxica e gramatical, de respecto as normas ortográficas ou
presentación incorrecta nos escritos implicará unha redución sobre a nota. Restarase
0,1 puntos por cada falta de ortografía, ata un máximo de 0,5 puntos.
- Unha vez fixada a data dunha proba ou data límite dun traballo, previo acordo cos alumnos, non poderá cambiarse salvo caso de forza maior.
Para a avaliación do
alumnado teremos en conta os seguintes procedementos e instrumentos de
avaliación:
1.
Producións
dos alumnos/as: As actividades presentadas cualifícanse tendo en conta a súa
corrección nas respostas e a súa presentación, a regularidade na entrega, a
organización do material enviado, o respecto aos prazos de entrega, a
presentación de actividades voluntarias, o respecto ás prórrogas para a
entrega, asistencia ás sesións en liña propostas, etc.
O seu peso será do: 20%
2.
Probas
obxectivas (orais ou escritas), cuestionarios, proxectos, traballos,
portafolios, tarefas finais de carácter global, etc.
O seu peso é do: 80%
Observación: no caso da volta á actividade presencial
compatible coas recomendacións sanitarias, realizaranse probas presenciais.
Programa de recuperación das materias pendentes
O alumnado con materias pendentes realizarán dúas probas escritas ao longo do curso.
Os contidos esixibles coincidirán cos contidos mínimos que se reflectiron na adaptación
da programación didáctica presentada polo departamento para o curso 2019-2020 e
que figura na páxina web do centro.
Para preparar esas probas o alumno/a deberá realizar as actividades
recollidas nos boletíns de actividades relacionadas coa materia, que poderá
adquirir na conserxería do centro. Para a realización destas actividades, o
alumno/a poderá aclarar as dúbidas que se lle expoñan ao profesor desta materia
e utilizar os libros dispoñibles no departamento ou na biblioteca. Sobre esas
actividades versarán os contidos das probas parciais.
As tarefas poderán ser: cuestións de desenvolvemento longo ou curto,
exercicios do libro de texto, identificación de debuxos, completar cadros,
realización de esquemas e resumes,... Todas irán encamiñadas a facilitar ao
alumnado un repaso dos contidos máis relevantes de cada unidade. O alumnado con
adaptación curricular terá unhas fichas especiais adaptadas ás súas
necesidades, e será avaliado segundo a súa ACS correspondente.
Os instrumentos empregados para a avaliación dos alumnos/as e o seu peso no resultado final, serán os seguintes:
- Proba escrita: 70 %
- Conxunto de fichas nas que o alumno/a traballará sobre os contidos de cada unidade didáctica: 30 %
A entrega de fichas será obrigatoria e levarán 0 puntos as non entregadas.
As presentadas fora do período de tempo establecido polo profesor/a poderán ser
motivo de anulación do seu contido. Para facer media é imprescindible obter na
proba escrita unha nota mínima de 3.
As probas realizaranse antes da 1º e 2º avaliación respectivamente. Trimestralmente
informarase ao alumno e aos pais/nais ou titores (a través dos boletíns de
notas) da evolución que vai presentando.
O alumnado que non superen algunha destas avaliacións realizarán unha proba final no mes de maio, no que serán avaliados das partes non
superadas.
Se en maio non supera o curso, poderá presentarse a unha proba
extraordinaria de mínimos no mes de setembro.