O blog do dpto. de Bioloxía e Xeoloxía do CPI A Cañiza.

"Dime e esquézoo, ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo" (Benjamin Franklin)

domingo, 25 de abril de 2021

Exame final materias pendentes

Recordarvos que o exame das materias pendentes de Bioloxía e Xeoloxía será o día 6 de maio, durante o recreo, no laboratorio.

luns, 8 de marzo de 2021

Exame do 2° trimestre das materias pendentes

O exame das materias pendentes de Bioloxía e Xeoloxía será o día 12 de marzo, xoves, na aula de  laboratorio 11:15h.

xoves, 3 de decembro de 2020

Exame do 1° trimestre das materias pendentes

Convócase aos alumnos/as coa materia pendente de Bioloxía e Xeoloxía á proba que terá lugar na data e aula indicados.
Data: o día 10 de decembro, xoves.
Aula: Laboratorio 
Hora: 11:15h.

xoves, 1 de outubro de 2020

CALENDARIO DE PROBAS DE AVALIACIÓN DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES


 As datas de realización das probas escritas e os exercicios dos boletíns relacionados cos contados avaliados nelas son os que se indican a continuación.


·         Primeira Avaliación:
§  Data: Martes, 4 de decembro de 2020, de 11:15 a 11:45
§  Data límite de entrega dos exercicios dos  boletíns relacionados coa proba: 26 de novembro.

·         Segunda Avaliación:
§  Data: Martes, 11 de marzo de 2021, de 11:15 a 11:45
§  Data límite de entrega dos exercicios dos  boletíns relacionados coa proba: 4 de marzo.

·         Avaliación Final:
§  Data: Martes, 13 de maio de 2021, de 11:15 a 11:45
§  Os alumnos que non superasen a materia pendente coa realización das probas da primeira e segunda avaliación, realizarán un exame final na data sinalada, que versará sobre a totalidade dos contidos correspondentes á citada materia.