A BARBANTESA
luns, 8 de marzo de 2021
xoves, 3 de decembro de 2020
Exame do 1° trimestre das materias pendentes
Convócase aos alumnos/as coa materia pendente de Bioloxía e Xeoloxía á proba que terá lugar na data e aula indicados.
Data: o día 10 de decembro, xoves.
Aula: Laboratorio
Hora: 11:15h.
Data: o día 10 de decembro, xoves.
Aula: Laboratorio
Hora: 11:15h.
xoves, 1 de outubro de 2020
CALENDARIO DE PROBAS DE AVALIACIÓN DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
As datas de realización das probas escritas e os exercicios dos boletíns
relacionados cos contados avaliados nelas son os que se indican a continuación.
·
Primeira
Avaliación:
§ Data:
Martes, 4 de decembro de 2020, de 11:15 a 11:45
§ Data
límite de entrega dos exercicios dos
boletíns relacionados coa proba: 26
de novembro.
·
Segunda
Avaliación:
§ Data:
Martes, 11 de marzo de 2021, de 11:15 a
11:45
§ Data
límite de entrega dos exercicios dos
boletíns relacionados coa proba: 4
de marzo.
·
Avaliación
Final:
§ Data:
Martes, 13 de maio de 2021, de 11:15 a
11:45
§ Os
alumnos que non superasen a materia pendente coa realización das probas da
primeira e segunda avaliación, realizarán un exame final na data sinalada, que
versará sobre a totalidade dos contidos correspondentes á citada materia.
martes, 22 de setembro de 2020
PARA ESTAR INFORMADO...
Aquí tedes algunhas web que consideramos de interese para estar ao tanto das novas científicas.
MUY INTERESANTE: http://www.muyinteresante.es/tag/biologia
NOTICIAS DE CIENCIA: http://noticiasdelaciencia.com/sec/ciencia/biologia/
NASA: http://www.lanasa.net/
SINC: http://www.agenciasinc.es/
MUY INTERESANTE: http://www.muyinteresante.es/tag/biologia
NOTICIAS DE CIENCIA: http://noticiasdelaciencia.com/sec/ciencia/biologia/
NASA: http://www.lanasa.net/
SINC: http://www.agenciasinc.es/
luns, 21 de setembro de 2020
NORMAS BÁSICAS NA AULA DE CIENCIAS
Para poder traballar en
clase necesítase un clima adecuado que poderemos conseguir respectando unhas normas básicas:
Ø Sé puntual.
Procura estar dentro de clase cando o profesor peche a porta, xa que se non
terá que anotar o teu atraso no parte. Moitos atrasos convértense en faltas non xustificadas
e comunicaranse á familia e ao xefe de estudos.
Ø
En
clase utiliza unha linguaxe apropiada. Ten en conta que a
clase é un lugar de traballo e estudo, non é o parque, nin o recreo, nin
unha reunión de amigos. Non se permitirán as palabrotas nin aqueles actos que
pola súa natureza supoñan unha falta de respeto cara aos propios
compañeiros, o profesor ou o material escolar.
Ø Permanece sentado. Ten na mesa todo o material que se indique e garda o resto. Mantén na
mesa o que haxa que tirar á papeleira e faino ao final da
clase. Espera a que o profesor dea por finalizada a clase antes de recoller. É necesario pedir permiso para
abandonar o sitio, moverse polo aula ou saír dela.
Ø Non debes interromper as
explicacións do profesor. É moi positivo que preguntes as
túas dúbidas ou participes en clase, pero debes facelo no momento que corresponde, cando
o profesor pregúnte ou termine a súa explicación.
Ø Respecta a quenda de palabra.
Nunha clase con moitas persoas non se pode falar cada un cando queira.
Pide a túa quenda levantando a man.
Ø
Leva a clase o material necesario. Revisa cada día, antes de ir ao centro os materiais necesarios
e tomao como costume. Recorda que non podes compartir o material cos teus compañeiros/as.
CADERNO DE CLASE:
Ø No
caderno tomarás apuntamentos e farás os exercicios. Tamén gardarás ou pegarás
no seu lugar correspondente as fotocopias que o profesor reparta na clase. O
caderno é, xa que logo, un rexistro de todo o que vas facendo en clase, no laboratorio e as tarefas de casa.
Ø Como pesentar o caderno:
▪ Que non falten apuntes, exercicios,
actividades nin fotocopias: debe conter todo o que se fixo en clase. Se un día
faltaches a clase non esquezas pedilo a un compañeiro.
▪ Ordenado: dispón cada exercicio,
actividade ou fotocopia no lugar que lle corresponde e seguindo a orde
temporal, segundo vaise traballando na aula e na casa.
▪ Exercicios corrixidos e traballados:
todos os exercicios e actividades vanse a corrixir en clase e por iso, se algún exercicio fixéchelo mal, despois hai que corrixilo e así debe
aparecer no caderno, iso servirá para aprender.
▪ Presentación: o caderno ten que ser
bonito e agradable para traballar con el. Coida e esmérate en que estea ben
presentado sen riscaduras nin follas engurradas ou rotas, etc.
▪ Entregado ao seu tempo: trata de levar
o caderno ao día porque pode ser revisado en clase en calquera momento.
Cumprir estas
normas vai xerar un clima máis agradable de traballo en clase e será máis
sinxelo alcanzar cualificacións positivas ao final do curso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)