Para poder traballar en
clase necesítase un clima adecuado que poderemos conseguir respectando unhas normas básicas:
Ø Sé puntual.
Procura estar dentro de clase cando o profesor peche a porta, xa que se non
terá que anotar o teu atraso no parte. Moitos atrasos convértense en faltas non xustificadas
e comunicaranse á familia e ao xefe de estudos.
Ø
En
clase utiliza unha linguaxe apropiada. Ten en conta que a
clase é un lugar de traballo e estudo, non é o parque, nin o recreo, nin
unha reunión de amigos. Non se permitirán as palabrotas nin aqueles actos que
pola súa natureza supoñan unha falta de respeto cara aos propios
compañeiros, o profesor ou o material escolar.
Ø Permanece sentado. Ten na mesa todo o material que se indique e garda o resto. Mantén na
mesa o que haxa que tirar á papeleira e faino ao final da
clase. Espera a que o profesor dea por finalizada a clase antes de recoller. É necesario pedir permiso para
abandonar o sitio, moverse polo aula ou saír dela.
Ø Non debes interromper as
explicacións do profesor. É moi positivo que preguntes as
túas dúbidas ou participes en clase, pero debes facelo no momento que corresponde, cando
o profesor pregúnte ou termine a súa explicación.
Ø Respecta a quenda de palabra.
Nunha clase con moitas persoas non se pode falar cada un cando queira.
Pide a túa quenda levantando a man.
Ø
Leva a clase o material necesario. Revisa cada día, antes de ir ao centro os materiais necesarios
e tomao como costume. Recorda que non podes compartir o material cos teus compañeiros/as.
Ø No
caderno tomarás apuntamentos e farás os exercicios. Tamén gardarás ou pegarás
no seu lugar correspondente as fotocopias que o profesor reparta na clase. O
caderno é, xa que logo, un rexistro de todo o que vas facendo en clase, no laboratorio e as tarefas de casa.
Cumprir estas
normas vai xerar un clima máis agradable de traballo en clase e será máis
sinxelo alcanzar cualificacións positivas ao final do curso.