"Dime e esquézoo, ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo" (Benjamin Franklin)

mércores, 15 de setembro de 2021

NORMAS BÁSICAS NA AULA DE CIENCIAS

Para poder traballar en clase necesítase un clima adecuado que poderemos conseguir respectando unhas normas básicas:

Ø  Sé puntual. Procura estar dentro de clase cando o profesor peche a porta, xa que se non terá que anotar o teu atraso no parte. Moitos atrasos convértense en faltas non xustificadas e comunicaranse á familia e ao xefe de estudos. 
Ø  En clase utiliza unha linguaxe apropiada. Ten en conta que a clase é un lugar de traballo  e estudo, non é o parque, nin o recreo, nin unha reunión de amigos. Non se permitirán as palabrotas nin aqueles actos que pola súa natureza supoñan unha falta de respeto cara aos propios compañeiros, o profesor ou o material escolar.
Ø  Permanece sentado. Ten na mesa todo o material que se indique e garda o resto. Mantén na mesa o que haxa que tirar á papeleira e faino ao final da clase. Espera a que o profesor dea por finalizada a clase antes de recoller.  É necesario pedir permiso para abandonar o sitio, moverse polo aula ou saír dela. 
Ø  Non debes interromper as explicacións do profesor. É moi positivo que preguntes as túas dúbidas ou participes en clase, pero debes facelo no momento que corresponde, cando o profesor pregúnte ou termine a súa explicación. 
Ø  Respecta a quenda de palabra. Nunha clase con moitas persoas non se pode falar cada un cando queira. Pide a túa quenda levantando a man. 
Ø  Leva a clase o material necesario. Revisa cada día, antes de ir ao centro os materiais necesarios e tomao como costume. Recorda que non podes compartir o material cos teus compañeiros/as.

CADERNO DE CLASE:

Ø No caderno tomarás apuntamentos e farás os exercicios. Tamén gardarás ou pegarás no seu lugar correspondente as fotocopias que o profesor reparta na clase. O caderno é, xa que logo, un rexistro de todo o que vas facendo en clase, no laboratorio e as tarefas de casa.

Ø  Como pesentar o caderno:


     Que non falten apuntes, exercicios, actividades nin fotocopias: debe conter todo o que se fixo en clase. Se un día faltaches a clase non esquezas  pedilo a un compañeiro.

 ▪   Ordenado: dispón cada exercicio, actividade ou fotocopia no lugar que lle corresponde e seguindo a orde temporal, segundo vaise traballando na aula e na casa.

    Exercicios corrixidos e traballados: todos os exercicios e actividades vanse a corrixir en clase e por iso, se algún exercicio fixéchelo mal, despois hai que corrixilo e así debe aparecer no caderno, iso servirá para aprender.

     Presentación: o caderno ten que ser bonito e agradable para traballar con el. Coida e esmérate en que estea ben presentado sen riscaduras nin follas engurradas ou rotas, etc.


    Entregado ao seu tempo: trata de levar o caderno ao día porque pode ser revisado en clase en calquera momento. 




Cumprir estas normas vai xerar un clima máis agradable de traballo en clase e será máis sinxelo alcanzar cualificacións positivas ao final do curso.

1 comentario: