O blog do dpto. de Bioloxía e Xeoloxía do CPI A Cañiza.

"Dime e esquézoo, ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo" (Benjamin Franklin)

luns, 21 de setembro de 2020

Programa de recuperación das materias pendentes


O alumnado con materias pendentes realizarán dúas probas escritas ao longo do curso.

Os contidos esixibles coincidirán cos contidos mínimos que se reflectiron na adaptación da programación didáctica presentada polo departamento para o curso 2019-2020 e que figura na páxina web do centro.

Para preparar esas probas o alumno/a deberá realizar as actividades recollidas nos boletíns de actividades relacionadas coa materia, que poderá adquirir na conserxería do centro. Para a realización destas actividades, o alumno/a poderá aclarar as dúbidas que se lle expoñan ao profesor desta materia e utilizar os libros dispoñibles no departamento ou na biblioteca. Sobre esas actividades versarán os contidos das probas parciais. 

As tarefas poderán ser: cuestións de desenvolvemento longo ou curto, exercicios do libro de texto, identificación de debuxos, completar cadros, realización de esquemas e resumes,... Todas irán encamiñadas a facilitar ao alumnado un repaso dos contidos máis relevantes de cada unidade. O alumnado con adaptación curricular terá unhas fichas especiais adaptadas ás súas necesidades, e será avaliado segundo a súa ACS correspondente.

Os instrumentos empregados para a avaliación dos alumnos/as e o seu peso no resultado final, serán os seguintes:

  • Proba escrita: 70 %
  • Conxunto de fichas nas que o alumno/a traballará sobre os contidos de cada unidade didáctica: 30 %

A entrega de fichas será obrigatoria e levarán 0 puntos as non entregadas. As presentadas fora do período de tempo establecido polo profesor/a poderán ser motivo de anulación do seu contido. Para facer media é imprescindible obter na proba escrita unha nota mínima de 3.

As probas realizaranse antes da 1º e 2º avaliación respectivamente. Trimestralmente informarase ao alumno e aos pais/nais ou titores (a través dos boletíns de notas) da evolución que vai presentando. 

O alumnado que non superen algunha destas avaliacións realizarán unha proba final no mes de maio,  no que serán avaliados das partes non superadas. 

Se en maio non supera o curso, poderá presentarse a unha proba extraordinaria de mínimos no mes de setembro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario