Instrumentos de avaliación
|
Valoración
|
Actitude na aula:
1.- Interese polo traballo.
Participación activa na clase.
|
20%
|
Traballo
diario do alumno:
1.-Entrega
de traballos obrigatorios e/ou voluntarios, individuais ou en grupo, nos
prazos indicados polo profesor.
2.- Preguntas
efectuadas polo profesor no transcurso habitual da clase, destinadas a
comprobar a correcta adquisición das competencias clave traballadas.
3.- Análise das tarefas
diarias: exercicios de comprensión e expresión escrita, exercicios de
análise, comentarios, elaboración de apuntamentos, esquemas, resumos, mapas
conceptuais, ....
4.-Traballo e participación no laboratorio.
5.- Caderno de aula.
|
|
Probas de avaliación:
1.- Probas de avaliación de contidos.
2.- Evidencias
dos estándares de aprendizaxe.
|
80%
|
- A nota da avaliación farase do seguinte xeito:
o Calcularase o 80% da nota media aritmética das probas escritas coa seguinte salvedade, o alumnado debe acadar unha nota mínima de 3 en cada proba; se non fose así, non aprobaría a avaliación correspondente, aínda que a nota media lle dese aprobada, nese caso a cualificación no boletín de notas será 4.
o A cualificación obtida da operación aritmética indicada será redondeada a un valor enteiro inmediatamente superior, cando o valor
decimal sexa maior ou igual que 0,5.
o O 20% restante obterase a partir do traballo diario do
alumno e da actitude na aula. Deste, o 75% corresponderá as tarefas diarias e
traballos obrigatorios, e o 25% a actitude.
o Tanto os traballo obrigatorios como os exercicios que
teñan unha data de entrega, de non se presentar nese día serán cualificados cun
0.
o Toda lectura opcional poderá incrementar a nota da
avaliación un máximo de 0,5. (Ver Fomento
da lectura).
o Só se superará a avaliación cando a nota media sexa igual ou superior a 5.
o O alumnado que sexa avaliado negativamente nunha das avaliacións terá dereito a unha proba de recuperación ao remate de cada avaliación. As probas deste tipo que fosen precisas faranse con posterioridade ás datas de avaliación trimestral, computando o seu resultado para o cálculo da nota da avaliación final ordinaria de xuño. A nota obtida nunha recuperación, anula e substitúe as notas das probas anteriores non superadas ás que corresponde dita recuperación.
- A cualificación final da materia será a media aritmética de todas as notas ordinarias ou de recuperación, efectuadas durante o curso. O resultado desta nota redondearase segundo os criterios expostos anteriormente, e será a cualificación do curso. Se a nota de avaliación final é igual ou superior a 5, a materia queda superada. En caso contrario, o alumno terá que realizar unha proba extraordinaria en setembro, na data que dispoña o centro.
- Exames extraordinarios de setembro: o procedemento de avaliación será unha proba escrita (cualificarase de 0 a 10 puntos), sobre os contidos mínimos non superados no proceso ordinario e a mesma para todo o alumnado. Suspenderase se non se saca como mínimo un 5. O resultado desta proba redondearase segundo os criterios expostos anteriormente, e será a cualificación do curso.
- Toda proba escrita ou traballo poderá suspenderse (cunha cualificación de 0), se hai constancia de que o/a alumno/a copiou, permitiu que outros/as copiasen o seu traballo ou proba ou participou en calquera actividade ou estratexia para mellorar os resultados mediante procedementos deshonestos. O profesor/a tamén se reserva o dereito de rexeitar unha proba que presenta unha caligrafía ilexible, quedando neste caso ó seu criterio a repetición da proba ou a realización dunha proba oral.
- Non se admitirá nada escrito a lapis ou en cor distinta do negro ou azul, agás baixo indicación do profesorado. Non está permitido o uso de líquidos correctores nos exames escritos.
- Agás alumnado exento de galego, é obrigatorio o emprego
da lingua galega en todos os traballos, probas ou tarefas que presente o
alumnado, polo que o/a profesor/a tamén se reserva o dereito de os rexeitar,
cualificándoos nese caso cun 0.
- A falta de
corrección léxica e gramatical, de respecto as normas ortográficas ou
presentación incorrecta nos escritos implicará unha redución sobre a nota. Restarase
0,1 puntos por cada falta de ortografía, ata un máximo de 0,5 puntos.
- Unha vez fixada a data dunha proba ou data límite dun traballo, previo acordo cos alumnos, non poderá cambiarse salvo caso de forza maior.
Para a avaliación do
alumnado teremos en conta os seguintes procedementos e instrumentos de
avaliación:
1.
Producións
dos alumnos/as: As actividades presentadas cualifícanse tendo en conta a súa
corrección nas respostas e a súa presentación, a regularidade na entrega, a
organización do material enviado, o respecto aos prazos de entrega, a
presentación de actividades voluntarias, o respecto ás prórrogas para a
entrega, asistencia ás sesións en liña propostas, etc.
O seu peso será do: 20%
2.
Probas
obxectivas (orais ou escritas), cuestionarios, proxectos, traballos,
portafolios, tarefas finais de carácter global, etc.
O seu peso é do: 80%
Observación: no caso da volta á actividade presencial
compatible coas recomendacións sanitarias, realizaranse probas presenciais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario